Avisos

Exposición itinerante "Violencia sexual na xuventude". Pódese descargar o formulario de solicitude na solapa correspondente

Violencia de xénero

A Violencia de xénero é todo acto de violencia baseado na pertenza ao sexo feminino que teña ou poida ter como resultado sufrimento físico, sexual ou psicolóxico. É a violencia que se dirixe sobre as mulleres e as mozas polo feito mesmo de selo.


A violencia non só pode ocorrer nas parellas maiores,
 tamén pode empezar nas relacións de noivado.


Tipos de violencia

Violencia psicolóxica
. Ignora a túa presencia, espíate.
. Merma a túa estima, insultándote, descalificándote, gritándote, facéndote comentarios degradantes.
. Culpabilízate de calquera problema.
. Non respecta a túa opinión e impón sempre a del.
. Ameázate e coacciónate.

Violencia sexual
. Obrígate a manter calquera tipo de relación sexual.
. Impídete exercer a túa sexualidade libremente.
. Acósate con insinuacións sexuais, incomodándote

Violencia social
. Íllate do teu contorno social.
. Contrólate as relacións familiares e de amizade.
. Controla e critica a túa forma de vestir.
. Contrólate as chamadas e todas as actividades.
. Humíllate e ponte en evidencia  publicamente.

Violencia física
. Empúrrate, golpéate, tírache do pelo...

Ciberviolencia
. Emprega as TIC's e as redes sociais como medio para facerte dano ou ter control sobre ti.
. Exerce Sextorsión: chantaxéate por medio dunha imaxe de ti mesma espida que compartiches a través de internet mediante sexting (envío de fotos e/ou vídeos de contido sexual a través do teléfono móbil ou internet).
. Usa medios telemáticos (internet, teléfonos móbiles, etc) para exercer acoso psicolóxico de xeito individual ou grupal:  humillacións, ameazas, acoso, etc. É o denominado Ciberbulling e nel non intervén persoas adultas.  Cando interveñen persoas adultas denomínase Ciberacoso.
. Se persoas adultas realizan prácticas on-line para gañar a túa confianza finxindo empatía, cariño, etc, cun fin sexual. É o denominado Grooming




Ciclo da violencia


As reaccións violentas non aparecen de forma imprevista senón que forman parte dun longo proceso que acaba nunha pirámide de violencia sen retorno e que leva a un ciclo difícil de romper. 

O ciclo de violencia ten 3 fases que se reiteran cada certo tempo intercalando períodos de afectos e arrepentimentos ou “lúa de mel”, pero onde cada vez son máis frecuentes os momentos de agresións e menos os de arrepentimentos.

Os tempos que transcorren entre cada fase do ciclo fanse cada vez máis curtos, polo que chegará un momento no que a repetición de todas as fases do ciclo poderán desenvolverse incluso nun mesmo día ou en poucas horas.





Detente e pensa: 
A túa relación é de bo trato ...

Se cada un ten o seu espazo propio: ti tes amizades, afeccións propias e momentos para facer cousas que che gustan, e él/ela tamén ten os seus.

Se ten en conta as túas opinións e respecta que penses diferente. Se sodes capaces de falar e comunicarvos as cousas porque ningún ten razón sempre.

Se lle gustas tal e como es, se lle parece ben como vistes e non intenta cambiarte. Porque a túa forma de ser, de vestir, de pensar, e o que queres facer na vida decídelo ti. 

Se entende e respecta que fales con outros mozos e mozas, e non intenta chantaxearte, nin facerte sentir mal para que non saias,... porque tendes confianza mutua. 

Se estás con esa persoa porque queres e non por non estar soa ou só. Porque non é obrigatorio nin ter parella nin buscar unha historia de amor de película. 

Se che di que te quere.... pero ademáis demóstrachoPorque decir “tq” non é o mesmo que demostralo, e demostralo implica estar aí nos momentos difíciles, intentar arranxar os conflitos, e por suposto .... pasar bos momentos xunt@s!


No caso de estar a vivir unha situación de maltrato 
procura axuda e cóntao a unha persoa da túa confianza. 

O Concello de Vigo dispón do Centro municipal de Información dos dereitos da muller que ofrece información e asesoramento xurídico, psicolóxico e social de xeito gratuíto e confidencial.T. 986 293 963 (R/ Romil, 20)