Avisos

Exposición itinerante "Violencia sexual na xuventude". Pódese descargar o formulario de solicitude na solapa correspondente

jueves, 26 de noviembre de 2015

EnlazaVigo 2015 nos medios de comunicación

O acto EnlazaVigo 2015 contra as violencias machistas tivo un amplo eco nos distintos medios de comunicación tanto locais como de ámbito galego e mesmo estatal. Algúns dos enlaces son:

Faro de Vigo

Atlántico Diario


Localia Vigo Televisión

Telexornal TVG

Telexornal TVE-Galicia

miércoles, 25 de noviembre de 2015

Vigo berra contra as violencias machistas

A rúa Urzáiz enchéuse con 2000 estudantes de secundaria e toda a cidadanía que quixo achegarse para berrar contra as violencias machistas nun acto convocado polo Concello de Vigo e o Consello Municipal da Muller.



No entorno das 12:00 todas e todos os participantes conformaron o tapiz humano "EnlazaVigo 2015", dando lectura Raquel Doval ao manifesto do Consello Municipal da Muller (acceder) e o Sr Alcalde, Abel Caballero, lembrando o compromiso do Concello de Vigo contra as violencias machistas e dando pe a un solemne minuto de silencio.



O alumnado dos 30 centros asistentes ao evento EnlazaVigo 2015 poideron contemplar na rúa Príncipe a exposición colectiva e a exposición itinerante "Violencia sexual na xuventude" (premer para solicitala). 
Tamén poideron retratarse no Photocall (acceder) e participar nas diversas actividades lúdicas programadas. A reportaxe fotográfica do evento pódese consultar no seguinte enlace.





martes, 24 de noviembre de 2015

O EnlazaVigo 2015 implica á cidadanía na loita contra a violencia de xénero

Mañá mércores ás 12 horas desenvólvese en Vigo o acto central do Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres que este ano ten como lema "somos quen de deter a violencia de xénero" e que reunirá no farol de Urzáiz a 1.800 estudantes para conformar un tapiz humano co que se amosará o rexeitamento da cidade a esta lacra. A concelleira de Igualdade, Uxía Blanco, presentou as actividades da xornada acompañada de representantes de varias entidades do Consello Municipal da Muller. 

O Día Internacional de eliminación da violencia contra as mulleres que se conmemora mañá mércores 25 de novembro será unha xornada de concienciación e reivindicación na cidade coa celebración do EnlazaVigo, un programa de actividades que presentou esta mañá en rolda de prensa a concelleira de Igualdade, Uxía Blanco, quen asegurou que "loitamos contra a violencia machista os 365 días do ano" con distintas ferramentas e plans de axuda ás mulleres. 

O EnlazaVigo 2015 contra a violencia de xénero inclúe accións ao aire libre desde as 10:30 horas da mañá cando o alumnado de 63 centros de ensino medio vigueses se reunirán no farol de Urzáiz para realizar actividades informativas, lúdicas e reivindicativas. Os estudantes son os autores das obras da exposición colectiva que se pode contemplar nos arredores do MARCO, na rúa do Príncipe, unhas pezas nas que reflectiron a súa visión da violencia sexual e da violencia de xénero. 

Ás 11:45 procederase á lectura do manifesto do Consello Municipal da Muller, un acto no que intervirá o alcalde e, a partir das 12:00, confórmase na rúa Urzáiz o tapiz humano co que a cidade "amosa a unión de todas e todos para crear un lugar mellor para protexer ás vítimas das violencias machistas" segundo explicou Uxía Blanco, quen tamén informou do peche do tráfico en Urzáiz durante o tempo que se desenvolven as actividades. 

A concelleira de Igualdade instou á sociedade viguesa a implicarse na loita contra a violencia machista se coñecen algún caso de maltrato porque "moitas mulleres están en perigo de morte na súa casa, moitas veces non poden defenderse e nós temos noticia de que pasa algo raro. Temos que botarlles unha man e conseguir que saian adiante" e emprazou aos medios de comunicación a tratar estas noticias coa máxima cautela e respecto polas mulleres e as súas familias. Na mesma liña expresouse durante a presentación da xornada Rosa Fontaíña, coordinadora da Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos, apelando ao compromiso da sociedade para axudar nesta loita "temos que seguir creando conciencia cidadá da problemática, traballar todos os días, todas e todos, os medios de comunicación, a sociedade que ten unha responsabilidade moi grande amais da maior que teñen os políticos para poñer a man ferramentas de defensa para as mulleres".

jueves, 19 de noviembre de 2015

Moi boa acollida da exposición colectiva por parte das viguesas e vigueses

Ao longo do día, as viguesas e vigueses poideron conteplar as diversas expresións artísticas do alumnado de secundaria dos 41 centros de secundaria e das asociacións participantes. Os comentarios foron moi positivos e deu pe a interesantes conversas na carpa que a Concellería de Igualdade ten instalada en rúa Príncipe. Na propia carpa entréganse aos asistentes un lazo conmemorativo de EnlazaVigo 2015.




miércoles, 18 de noviembre de 2015

A exposición colectiva EnlazaVigo 2015 contra a violencia de xénero está instalada na rúa Príncipe

exposición colectiva EnlazaVigo 2015 contra a violencia de xénero pódese contemplar dende o día 19 de novembro na rúa Príncipe. 
Conta coa aportación de 41 centros educativos e diversas asociacións e aborda, dende diversas perspectivas, a temática da campaña deste ano: Somos quen de deter a violencia de xénero.






domingo, 15 de noviembre de 2015

A partir do 18 de novembro arranca a semana de actos contra a violencia de xénero

A Concellería de Igualdade do Concello de Vigo está ultimando todos os detalles para que o vindeiro mércores 18 de novembro arranque a semana de actos contra a violencia de xénero que concluirá o 25 de novembro co acto central conmemorativo do Dia internacional da eliminación da violencia contra as mulleres.



miércoles, 4 de noviembre de 2015

43 centros participan en EnlazaVigo 2015

Unha vez pechado o proceso de inscrición en EnlazaVigo 2015, campaña de conmemoración do 25 de novembro como Día Internacional contra a Violencia de Xénero na cidade de Vigo, un total de 43 centros de secundaria confirmaron a súa participación (ver relación no apartado Centros participantes) tanto na exposición como no acto de rúa previsto. 
Superase así a xa elevada presenza de centros da edición anterior e acádase o número de 2.000 participantes no tapiz humano previsto para o día 25 de novembro.