Avisos

Exposición itinerante "Violencia sexual na xuventude". Pódese descargar o formulario de solicitude na solapa correspondente

Campaña 2015

PROPOSTAS A CENTROS DE SECUNDARIA

ACTIVIDADES NA AULA
Expresión artística que elaborará o alumnado nunha lona que lle será facilitada pola organización.  O traballo aludirá ao lema da edición de EnlazaVigo para este ano 2015:  “Somos quen de deter a violencia de xénero”.
Todas as lonas incorporaranse á Exposición colectiva que o Concello de Vigo organizará na Rúa do Príncipe entre o 18 e o 26 de novembro.



ACTIVIDADES NA RÚA
Participación no acto central a celebrar na Rúa Urzaiz (mércores 25 novembro, 10:30-12:30): visita á exposición colectiva e participación en actividades lúdicas, informativas e na creación do tapiz humano