Avisos

Exposición itinerante "Violencia sexual na xuventude". Pódese descargar o formulario de solicitude na solapa correspondente

Recursos

Exposición “A violencia sexual na mocidade. Infórmate!”
Exposición que a Concellería de Igualdade porá a disposición de todos os centros de ensino da cidade neste curso escolar. Consta de 10 paneis informativos que abordan que é a violencia sexual, tipos, as súas consecuencias, como pode axudar o grupo de iguais á persoa agredida e claves para unha convivencia en respecto, liberdade e igualdade.
Esta exposición itinerante está realizada pola Concellería de Igualdade do Concello de Vigo no marco do Programa Irene (programa de información, formación e prevención de violencia sexual na mocidade) a través dun convenio de colaboración asinado co Instituto da Muller e cofinanciado polo Fondo Social Europeo.
No mes de outubro de 2015 os centros recibirán un dossier explicativo coas indicacións necesarias para solicitar a cesión temporal da exposición. Esta información tamén estará dispoñible na web www.igualdadevigo.org

Manual que trata as distintas conmemoracións escolares oficiais que se celebran ao longo do curso escolar elaborado con perspectiva de xénero por profesionais do ensino.

Guía dirixida á mocidade, coa finalidade de promover o bo trato naqueles ámbitos nos que se desenvolve a súa vida cotiá: as redes sociais, o tempo de lecer coas amizades e no amor.

“AdolescentesSIN Violencia de Género – aSINvg”
Web para ter en conta  as túas opinións, o teu mundo, as túas preocupacións, e por suposto, desde a túa linguaxe, desde as túas redes e grupos:Facebook, Twitter, Instagram, Whatsapp,….

Blog de recursos didácticos para traballar a diversidade afectivo-sexual e a coeducación na aula.

Ignacio Megías Quirós, Juan Carlos Ballesteros Guerra. Madrid: Centro Reina Sofía sobre Adolescencia y Juventud, FAD; 2014. 

Blog de Ianire Estébanez para rapazas confundidas polo amor que queren desconfundirse. 

“La Otra – Contigo” (do álbum “Pa´dentro y pa´fuera”)
Canción que serve para entender as relacións  de amor desde unha forma diferente ao amor exclusivo, que o da todo, que me quita liberdade o que me supón superesforzos por encima do límite persoal. Quererte libre e quererme libre.